Category: Ultimas Noticias
- Written by: quimper
- Category: Ultimas Noticias
- Published: 18 July, 2013
A entidade de certificación elixiu catro unidades de xestión para levar a cabo a auditoría de seguimento segundo os ratios establecidos pola norma. O día 29 de xullo farase unha análise documental nas que, entre outra documentación, revisarase o avance e modificacións producidas con respecto ao establecido no plan de xestión de cada unha delas. Ao día seguinte (día 30) serán visitadas todas esas unidades de xestión polo equipo auditor. FInalmente, o día 31 evaluarase o procedemento de control e farase lectura do informe de auditoría onde se reflexarán as conclusións que o equipo auditor poido sacar do traballo desenvolto nos días previos.
As unidades de xestión elixidas foron:
- Vedral (Cervo). Unidade de xestión composta por un monte cunha superficie de 4,69 ha que se certificou na súa totalidade o día 18 de decembro de 2012.
- Carballeira e Vilela (Foz). Unidade de xestión composta por dous montes cunha superficie total de 5,68 ha que foron certificadas na súa totalidade o día 15 de abril de 2013.
- Abelleira e Loureiro (Xove). Unidade de xestión composta por dous montes cunha superficie total de 174,13 ha que foron certificadas na súa totalidade o día 11 de novembro de 2011.
- Veiga da Pedra e Vidreira (Foz). Unidade de xestión composta por dous montes cunha superficie total de 1.72 ha que foron certificadas na súa totalidade o día 20 de marzo de 2012.
Seguindo o procedemento de control, calquera persoa ou parte interesada que teña información que desexe que sexa incorporada ao informe de auditoría, pode facelo enviando un correo electrónico ao enderezo certificacion@selga.es. O equipo xestor do grupo fará traslado á Entidade Certificadora, dos correos recibidos.
- Written by: quimper
- Category: Ultimas Noticias
- Published: 16 July, 2013
Son 823 propietarios ou xestores adscritos ao grupo e que desenvolven a súa labor mediante a supervisión do mesmo. Estes montes son os que compoñen o campo de auditoría da terceira auditoría de seguimento que se levará a cabo entre os días 29 e 31 de xullo de 2013.
Distribución xeográfica dos montes certificados
- Written by: quimper
- Category: Ultimas Noticias
- Published: 9 March, 2013
Selga Xestión Forestal Sostible ven de realizar, o pasado día 7 de marzo, a terceira ampliación do ano na que entraron 142 novos montes que ocupan unha superficie de 207,70 ha. Con esta nova ampliación, a superficie total certificada ascende a 13.666,91 ha, superficie xestionada por 565 propietarios ou xestoresdiferentes.
- Written by: quimper
- Category: Ultimas Noticias
- Published: 24 January, 2013
Son xa 469 os propietarios ou xestores que teñen certificada a súa xestión no noso grupo. A porcentaxe de unidades de xestión que pertencen ou son xestionadas por persoas físicas aumenta no grupo mes tras mes alcanzando xa, na actualidade un 75% do total.