Archives: IV auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA, Compañía Galega de Silvicultores
Durante os días 11, 12, 13 e 14 de agosto levarase a cabo a I Auditoría de Renovación da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA, Compañía Galega de Silvicultores. Durante eses catro días avaliarase o sistema de xestión forestal da organización para os plans de xestión que estaban dentro da Unidade de Certificación a 18 de xullo de 2014 (2.375 parcelas con unha superficie total de 15.902,79 ha) co fin de determinar o nivel de cumprimento dos requisitos da norma de referencia UNE 162002-1:2007 así como o Sistema Español de Certificación Forestal (xuño 2008).
Durante o día 11 de agosto (primeira xornada de auditoría), farase unha análise da documentación en relación coa xestión dos montes que serán visitados nos seguintes días.
Nos seguintes días (12, 13 e 14) visitaranse os montes con códigos 00008-001, 00089-001, 00094-001, 00097-001 e 00242-001. Para rematar, o derradeiro día de auditoría revisaranse o Procedemento de Control de Adscritos e o Procedemento de Información Pública e uso da marca.
Calquera persoa que teña información que considere relevante para o control de adscritos que se levará a cabo durante o proceso de auditoría pode remitila mediante correo electrónico a dirección: certificacion@selga.es. No caso de non dispor de correo electrónico, poderá facelo tamén de forma telefónica chamando ao 986.660864. Todas aquela información que se reciba lle será trasladada ao equipo auditor para a súa pertinente consideración.
Categories
- Blog
(14)
- Ultimas Noticias
(14)
- Ultimas Noticias