I Auditoría de Seguimento da Unidade de Certificación de Grupo FSC
- Written by: quimper
- Category: Ultimas Noticias
- Published: 12 September, 2014
A auditoría realizarase entre os días 17 e 20 de setembro con seguinte plan de auditoría:
- Día 17: reunión previa, revisión da documentación e visita dous montes NON SLIMF da provincia de Pontevedra. Os montes a visitar son o Monte Veciñal de Xinzo (Ponteareas) e o Monte Veciñal de Santa María (Salceda de Caselas).
- Día 18: Visita aos montes particulares do Distrito Forestal VI (Mariña Lucense). Visitaranse 13 montes de propietarios particulares xestionados segundo os modelos silvícolas establecidos no «Documento de Proposta de Modelos Silvícolas para o Distrito Forestal VI«.
- Día 18: Revisión do procedemento de control e documentación administrativa de xestión do grupo.
- Día 19: Visita ao Monte Veciñal de Couso (Gondomar) e o Monte Veciñal de Piñeiro (Marín).
- Día 20: Visita aos montes particulares do Distrito Forestal XIX (Caldas-O Salnés). Visitaranse 2 montes de propietarios particulares xestionados segundo os modelos silvícolas establecidos no «Documento de Proposta de Modelos Silvícolas para o Distrito Forestal XIX«.
A auditoría será realizada pola compañía SCS Global Services, entidade de certificación acreditada por FSC e que ten a súa base en Emeryville, California, EEUU).
Aquí pode descargar o contido do correo remitido a posibles partes interesadas para que poidesen aportar calquer información de importancia en relación ao Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible e/ou os seus membros. Para iso se lle remitiu un cuestionario titulado consulta a grupos de interese que lles puidese servir de base para a comunicación das súas impresión relacionadas coa xestión forestal e o cumprimento dos estándares FSC. Mediante este anuncio, facemos extensible esa carta e cuestionario a todo aquel que teña interese en facer as súas comunicacións, reclamacións ou queixas utilizando a vía proposta.