Se consideramos as diferentes especies forestais, o volume total no distrito, segundo os resultados do último Inventario Forestal Nacional ascende a case 9 millóns de metros cúbicos onde destacan catro especies de xeito principal:

  • Pinus pinaster . As existencias estimadas desta especie sitúanse cerca dos tres millóns de metros cúbicos no distrito (31,18% do total).
  • Eucalyptus globulus: Esta especie supera os tres millóns de metros cúbicos (26,05% do total).
  • Salix spp. O volume das diferentes especies de Salix acércase a un millón e medio de metros cúbicos representando 0 14,80% do total do volume do distrito.
  • Quercus robur. Por último, o carballo supera lixeiramente o millón de metros cúbicos representando o 12,09% do volume total de madeira estimado para todo o Distrito Forestal XIX.

Volume Distrito XIX

Durante os días 22, 23, 24 e 25 de xuño levarase a cabo a I Auditoría de Renovación da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA, Compañía Galega de Silvicultores. Durante eses catro días avaliarase o sistema de xestión forestal da organización para os plans de xestión que estaban dentro da Unidade de Certificación a 9 de xuño de 2015 (2.800 parcelas distribuídas en 1.357 unidades de xestión cunha superficie total de 16.431,01 ha) co fin de determinar o nivel de cumprimento dos requisitos da Norma de referencia UNE 162002-1:2013 así como o Sistema Español de Certificación Forestal.

Durante o día 22 de xuño (primeira xornada de auditoría), farase unha análise da documentación en relación coa xestión das unidades de xestión que conforman o campo desta auditoría (6 unidades) e que serán visitadas nos seguintes días.

Nos seguintes días (23 e 24) visitaranse os montes que conforman as seguintes unidades de xestión: 00998-01, 00171-01, 03114-01, 10-03003-01, 00305-01 e 01906-01. Para rematar, o derradeiro día de auditoría revisaranse o Procedemento de Control de Adscritos e o Procedemento de Información Pública e uso da marca.

Calquera persoa que teña información que considere relevante para o control de adscritos que se levará a cabo durante o proceso de auditoría pode remitila mediante correo electrónico a dirección: certificacion@selga.es. No caso de non dispor de correo electrónico, poderá facelo tamén de forma telefónica chamando ao 986.660864. Todas aquela información que se reciba lle será trasladada ao equipo auditor para a súa pertinente consideración.

Entre os temas que se tratarán neste seminario, destacamos os seguintes:

  • A garantía de procedencia da planta certificada.
  • As distancias a gardar nas plantación segundo o estipulado na Lei de Montes de Galicia.
  • O código de boas prácticas silvícolas.
  • O código de boas prácticas nos aproveitamentos forestais.
  • O tratamento adecuado dos restos de corta.
  • Requisitos de xestión de bosques naturais na certificación FSC.
  • Limitacións da xestión dos montes en espazos protexidos

Os asistentes, ademais, poderán facer as consultas que estimen oportunas en relación coa certificación forestal.

A auditoría realizarase entre os días 17 e 20 de setembro con seguinte plan de auditoría:

A auditoría será realizada pola compañía SCS Global Services, entidade de certificación acreditada por FSC e que ten a súa base en Emeryville, California, EEUU).

Aquí pode descargar o contido do correo remitido a posibles partes interesadas para que poidesen aportar calquer información de importancia en relación ao Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible e/ou os seus membros. Para iso se lle remitiu un cuestionario titulado consulta a grupos de interese que lles puidese servir de base para a comunicación das súas impresión relacionadas coa xestión forestal e o cumprimento dos estándares FSC. Mediante este anuncio, facemos extensible esa carta e cuestionario a todo aquel que teña interese en facer as súas comunicacións, reclamacións ou queixas utilizando a vía proposta.

Si continuas utilizando este sitio, aceptas el uso de las cookies. Más información

Las opciones de cookie en este sitio web están configuradas para "permitir cookies" para ofrecerte una mejor experiéncia de navegación. Si sigues utilizando este sitio web sin cambiar tus opciones o haces clic en "Aceptar" estarás consintiendo las cookies de este sitio.

Cerrar