Archives: Auditoría inicial FSC do Grupo SELGA-XFS
Selga, como Entidade de Grupo de SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE iniciou os trámites para a formación dun grupo de certificación baixo os «Estándares Españoles de Gestión Forestal para la Certificación FSC. V-2.0«. Pulsando sobre o nome, poderá descargar unha copia do estándar.
O grupo, inicialmente, está formado por 6 montes de xestión comunitaria (comunidades de montes) do sur da provincia de Pontevedra que abarcan unha superficie de 1.672,37 ha. Os montes que forman o Grupo inicialmente son os seguintes:
- Monte Veciñal de San Martiño (Vilaboa)
- Monte Veciñal de Coruxo (Vigo)
- Monte Veciñal de Piñeiro (Marín)
- Monte Veciñal de Mos (Mos)
- Monte Veciñal de Atios (Porriño)
- Monte Veciñal de Sta. María (Salceda)
Destes montes poderá descargar un resume dos documentos técnicos de xestión cos que están ordenados na sección de «información sobre superficie adscrita».
A auditoría será realizada pola compañía SCS Global Services, entidade de certificación acreditada por FSC e que ten a súa base en Emeryville, California, EEUU).
Aquí pode descargar o contido do correo remitido a posibles partes interesadas para que poidesen aportar calquer información de importancia en relación ao Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible e/ou os seus membros. Para iso se lle remitiu un cuestionario titulado consulta a grupos de interese que lles puidese servir de base para a comunicación das súas impresión relacionadas coa xestión forestal e o cumprimento dos estándares FSC. Mediante este anuncio, facemos extensible esa carta e cuestionario a todo aquel que teña interese en facer as súas comunicacións, reclamacións ou queixas utilizando a vía proposta.
Categories
- Blog
(14)
- Ultimas Noticias
(14)
- Ultimas Noticias