Author: quimper
- Written by: quimper
- Category: Ultimas Noticias
- Published: 14 October, 2015
Se consideramos as diferentes especies forestais, o volume total no distrito, segundo os resultados do último Inventario Forestal Nacional ascende a case 9 millóns de metros cúbicos onde destacan catro especies de xeito principal:
- Pinus pinaster . As existencias estimadas desta especie sitúanse cerca dos tres millóns de metros cúbicos no distrito (31,18% do total).
- Eucalyptus globulus: Esta especie supera os tres millóns de metros cúbicos (26,05% do total).
- Salix spp. O volume das diferentes especies de Salix acércase a un millón e medio de metros cúbicos representando 0 14,80% do total do volume do distrito.
- Quercus robur. Por último, o carballo supera lixeiramente o millón de metros cúbicos representando o 12,09% do volume total de madeira estimado para todo o Distrito Forestal XIX.
- Written by: quimper
- Category: Ultimas Noticias
- Published: 16 June, 2015
Durante os días 22, 23, 24 e 25 de xuño levarase a cabo a I Auditoría de Renovación da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA, Compañía Galega de Silvicultores. Durante eses catro días avaliarase o sistema de xestión forestal da organización para os plans de xestión que estaban dentro da Unidade de Certificación a 9 de xuño de 2015 (2.800 parcelas distribuídas en 1.357 unidades de xestión cunha superficie total de 16.431,01 ha) co fin de determinar o nivel de cumprimento dos requisitos da Norma de referencia UNE 162002-1:2013 así como o Sistema Español de Certificación Forestal.
Durante o día 22 de xuño (primeira xornada de auditoría), farase unha análise da documentación en relación coa xestión das unidades de xestión que conforman o campo desta auditoría (6 unidades) e que serán visitadas nos seguintes días.
Nos seguintes días (23 e 24) visitaranse os montes que conforman as seguintes unidades de xestión: 00998-01, 00171-01, 03114-01, 10-03003-01, 00305-01 e 01906-01. Para rematar, o derradeiro día de auditoría revisaranse o Procedemento de Control de Adscritos e o Procedemento de Información Pública e uso da marca.
Calquera persoa que teña información que considere relevante para o control de adscritos que se levará a cabo durante o proceso de auditoría pode remitila mediante correo electrónico a dirección: certificacion@selga.es. No caso de non dispor de correo electrónico, poderá facelo tamén de forma telefónica chamando ao 986.660864. Todas aquela información que se reciba lle será trasladada ao equipo auditor para a súa pertinente consideración.
- Written by: quimper
- Category: Ultimas Noticias
- Published: 23 September, 2014
Entre os temas que se tratarán neste seminario, destacamos os seguintes:
- A garantía de procedencia da planta certificada.
- As distancias a gardar nas plantación segundo o estipulado na Lei de Montes de Galicia.
- O código de boas prácticas silvícolas.
- O código de boas prácticas nos aproveitamentos forestais.
- O tratamento adecuado dos restos de corta.
- Requisitos de xestión de bosques naturais na certificación FSC.
- Limitacións da xestión dos montes en espazos protexidos
Os asistentes, ademais, poderán facer as consultas que estimen oportunas en relación coa certificación forestal.
- Written by: quimper
- Category: Ultimas Noticias
- Published: 12 September, 2014
A auditoría realizarase entre os días 17 e 20 de setembro con seguinte plan de auditoría:
- Día 17: reunión previa, revisión da documentación e visita dous montes NON SLIMF da provincia de Pontevedra. Os montes a visitar son o Monte Veciñal de Xinzo (Ponteareas) e o Monte Veciñal de Santa María (Salceda de Caselas).
- Día 18: Visita aos montes particulares do Distrito Forestal VI (Mariña Lucense). Visitaranse 13 montes de propietarios particulares xestionados segundo os modelos silvícolas establecidos no “Documento de Proposta de Modelos Silvícolas para o Distrito Forestal VI“.
- Día 18: Revisión do procedemento de control e documentación administrativa de xestión do grupo.
- Día 19: Visita ao Monte Veciñal de Couso (Gondomar) e o Monte Veciñal de Piñeiro (Marín).
- Día 20: Visita aos montes particulares do Distrito Forestal XIX (Caldas-O Salnés). Visitaranse 2 montes de propietarios particulares xestionados segundo os modelos silvícolas establecidos no “Documento de Proposta de Modelos Silvícolas para o Distrito Forestal XIX“.
A auditoría será realizada pola compañía SCS Global Services, entidade de certificación acreditada por FSC e que ten a súa base en Emeryville, California, EEUU).
Aquí pode descargar o contido do correo remitido a posibles partes interesadas para que poidesen aportar calquer información de importancia en relación ao Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible e/ou os seus membros. Para iso se lle remitiu un cuestionario titulado consulta a grupos de interese que lles puidese servir de base para a comunicación das súas impresión relacionadas coa xestión forestal e o cumprimento dos estándares FSC. Mediante este anuncio, facemos extensible esa carta e cuestionario a todo aquel que teña interese en facer as súas comunicacións, reclamacións ou queixas utilizando a vía proposta.
