A entidade de certificación elixiu catro unidades de xestión para levar a cabo a auditoría de seguimento segundo os ratios establecidos pola norma. O día 29 de xullo farase unha análise documental nas que, entre outra documentación, revisarase o avance e modificacións producidas con respecto ao establecido no plan de xestión de cada unha delas. Ao día seguinte (día 30) serán visitadas todas esas unidades de xestión polo equipo auditor. FInalmente, o día 31 evaluarase o procedemento de control e farase lectura do informe de auditoría onde se reflexarán as conclusións que o equipo auditor poido sacar do traballo desenvolto nos días previos.

As unidades de xestión elixidas foron:

  • Vedral (Cervo). Unidade de xestión composta por un monte cunha superficie de 4,69 ha que se certificou na súa totalidade o día 18 de decembro de 2012.
  • Carballeira e Vilela (Foz). Unidade de xestión composta por dous montes cunha superficie total de 5,68 ha que foron certificadas na súa totalidade o día 15 de abril de 2013.
  • Abelleira e Loureiro (Xove). Unidade de xestión composta por dous montes cunha superficie total de 174,13 ha que foron certificadas na súa totalidade o día 11 de novembro de 2011.
  • Veiga da Pedra e Vidreira (Foz). Unidade de xestión composta por dous montes cunha superficie total de 1.72 ha que foron certificadas na súa totalidade o día 20 de marzo de 2012.

Seguindo o procedemento de control, calquera persoa ou parte interesada que teña información que desexe que sexa incorporada ao informe de auditoría, pode facelo enviando un correo electrónico ao enderezo certificacion@selga.es. O equipo xestor do grupo fará traslado á Entidade Certificadora, dos correos recibidos.

Son 823 propietarios ou xestores adscritos ao grupo e que desenvolven a súa labor mediante a supervisión do mesmo. Estes montes son os que compoñen o campo de auditoría da terceira auditoría de seguimento que se levará a cabo entre os días 29 e 31 de xullo de 2013.
Distribución xeográfica dos montes certificados

Categories

Si continuas utilizando este sitio, aceptas el uso de las cookies. Más información

Las opciones de cookie en este sitio web están configuradas para "permitir cookies" para ofrecerte una mejor experiéncia de navegación. Si sigues utilizando este sitio web sin cambiar tus opciones o haces clic en "Aceptar" estarás consintiendo las cookies de este sitio.

Cerrar